Atuisoq:Sobreira/Libro de estilo

POR QUÉ NA WIKI?

aaqqissoruk

Esta páxina non pretende establecer ningunha relación coa wikipedia en ningunha lingua. Estes datos aparecen en e non para a Wikipedia e son só o Libro de estilo e listaxes de revisión directa. Como se pode ver, está nunha wiki cunha lingua inintelixible, polo que non se pretende implicar os datos aquí nun futuro. Está nunha páxina de usuario, polo que en teoría só pode editar este usuario e quen el permita.

Traballamos aquí por varias razóns:

  • é doado familiarizarse cos formatos
  • son suficientemente versátiles
  • son cómodos para utilizalos se xurde a necesidade que programar
  • é unha páxina aberta
  • é un xeito RÁPIDO para divulgar a información sen que sexa na páxina propia e persoal de ninguén
  • a solicitude dun ISSN non impide que esta información (fundamentalmente ligazóns) apareza aquí libre
  • con todo, moitas ligazóns aparécenlle desautorizadas a usuarios externos que non estean dados de alta en DiGaTIC, polo que para a xente de fóra é inútil

DISTRIBUCIÓN DA INFORMACIÓN

aaqqissoruk
  • aínda que pode semellar evidente, hai casos complicados ou convencionais para decidir onde vai cada dato: para uniformizar isto e localizar esta decisión, marquei en amarelo o lugar onde se menciona ao longo do texto

TÍTULO ("Termo: *")

aaqqissoruk
  • As formas que aparecen como título ("Termo: *") de ficha son as preferentes
  • Sempre haberá unha forma preferente e o resto poden ser sinónimos normais ou doutro tipo (v. SINÓNIMOS)
  • As formas escríbense na orde da cadea lingüística ("detector de potencia"): non se lles dará a volta para alfabetizala por unha inicial intermedia ("potencia, detector de")
  • As formas escríbense en minúscula (excepto nomes propios), masculino (cando teña variación co xénero gramatical) e singular (a non ser que non existan así con ese significado)

Maiúsculas, minúsculas e abrev.

aaqqissoruk
  • As ciencias e subdisciplinas ("física", "psicoacústica") escríbense con inicial minúscula
  • Para nomes pseudopropios:
  • Evita poñer en maiúsculas as iniciais de todas as palabras cando sexan galegas do estilo "Intelixencia Artificial". Lembra poñer sempre un punto final (salvo tras "?" e "!")
  • En inglés, as iniciais de todas as palabras compoñentes os nomes propios van en maiúscula, salvo preposicións, artigos e pronomes. En caso de dúbida, pregunte aos revisores.
  • As siglas, acrónimos, abreviaturas e abreviacións irán desagregadas na súa forma plena cando se escriban no título; nestes casos a definición comeza pola tradución ao galego entre comiñas simples; a forma abreviada vai no campo ABREVIATURA.
  • Se hai que desagregar o nome dunha organización e facela constar na súa forma plena, e tivo máis dun nome ao longo da súa historia pero era a mesma institución (como a Sociedade de Nacións > ONU; URSS > CEI; CEE > UE), constará no título o nome da actual ou máis moderna (WRC/CMR) e os nomes antigos poden ir en Información complementaria
  • véxase máis en #ABREVIATURA

Forma enunciada e categoría gramatical

aaqqissoruk
  • Os verbos noutras linguas non levan marca de verbo ou infinitivo: igual que en inglés non precisan o "to" do infinitivo en TRADUCIÓNS (compilar), en galego non precisan o "se" da conxugación pronominal (pois xa isto xa vai marcado na CATEGORÍA GRAMATICAL)

Duplicados

aaqqissoruk

DEFINICIÓN

aaqqissoruk
  • é recomendable que os termos relacionados (en xeral, os que comezan pola mesma palabra ou secuencia) teñan unha definición uniformizada. Por exemplo, as "bandas"

C , FM , K , Ka , Ku , L , S , UHF , V , VHF , X comezan todas por "Porción do espectro electromagnético comprendida no intervalo ...". Con todo banda cidadá modifica parte desta secuencia, mentres banda lateral, banda angosta e banda de frecuencia son distintas.

TRADUCIÓNS

aaqqissoruk

Non se usará esta caixa illada para poñer as traducións porque habería que especificar a lingua na que está cada equivalente.

ABREVIATURA

aaqqissoruk
  • evidentemente, son a abreviatura da forma do título
  • as formas que se inclúan neste campo só poderán ser en galego, coincidan ou non coa inglesa ou outra lingua; cando sexan siglas inglesas ou doutras linguas ("Y2K") van coma equivalentes sinónimos na pestana de "Traducions"
  • o mesmo para outro tipo de acrónimos "favicon" en "favorite icon" (pendente de decidir se é tamén abreviatura para o galego; para o inglés evidentemente éo)
  • aquí tamén van os símbolos de elementos químicos (GaAs) e outros signos (coeficiente de reflexión Γ) e abreviacións que representan conceptos ou variables (coeficiente de transmisión T)
  • para os símbolos de unidades, véxase máis abaixo; é interesante lembrar que o símbolo dos quilómetros é "km" (nótese a minúscula e a ausencia de punto), igual que no resto das linguas, pois é un símbolo do Sistema Internacional de unidades.
  • os exemplos deben ser exemplos de uso lingüístico do termo en cuestión, non un exemplo do referente no mundo real, é dicir, en XHML non debe conter unha serie de etiquetas e ciclo aniñado non debe incluír un fragmento dun programa cun bucle for-next dentro dun while, senón unha frase onde se use do estilo "A linguaxe XHML permite incrustar imaxes e audio" (se non se che ocorre algo intelixente, podes deixalo baleiro)

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA

aaqqissoruk

Algunha da información que se pode incluír neste apartado:

  • os nomes antigos de organizacións internacionais que teñan un nome actual distinto (por exemplo WRC/CMR)
  • os hipónimos interesantes non desenvoltos noutras fichas, mesmo se son noutra lingua (por exemplo survolteur e dévolteur en hacheur)

SINÓNIMOS

aaqqissoruk
  • as formas escríbense en minúscula inicial
  • se hai varias formas, sepáranse con ";" e a última delas non vai seguida de punto final
  • as distintas acepcións van en fichas distintas
  • pola contra, a mesma acepción, aínda que se trate de rexistros distintos (popular ou coloquial), van na mesma ficha; estas formas non preferentes van en sinónimos e co rexistro especificado entre parénteses (canón para conector balanceado XLR). Igual para sinónimos (órbita geostacionaria e órbita Clarke?).
  • os hipónimos interesantes non desenvoltos noutras fichas van en Información complementaria, mesmo se son noutra lingua (v. survolteur e dévolteur en hacheur)
  • as formas sinónimas que non sexan o que se entende por sinónimo normal indicaranse coas seguintes especificacións: "popular", "coloquial", "sinónimo parcial" (mellor metelo en "ver tamén"), "hiperónimo" ou "xenérico" (CAD para EDA), etc.; Exemplo: "previo" en "preamplificador"; "favicon" en "favorite icon"; DE "Trellis" en "diagrama de Trellis"
  • se houbese outro tipo de acurtamentos orixinarios dunha soa palabra (do estilo de "peli", "tele" ou "bici"), van aquí.

VER TAMÉN

aaqqissoruk
  • non se remitirá a formas non preferentes
  • se hai varias formas, sepáranse con ";" e a última delas non vai seguida de punto final
  • é preferible que vaian aquí as formas para "sinónimo parcial" e "hiperónimo"
  • os hipónimos interesantes non desenvoltos noutras fichas van en Información complementaria, mesmo se son noutra lingua (v. survolteur e dévolteur en hacheur)
  • NON SE REMITIRÁ A FORMAS NON EXISTENTES; esta comprobación debería ser doadamente realizada de modo automático.

TRADUCIÓNS (despregable)

aaqqissoruk

Aquí e non noutro sitio irán os equivalentes nas seis linguas especificadas, cada unha no seu lugar. Cando haxa máis dun equivalente (ou abreviación) para unha lingua, separaranse cun punto e coma e un espazo e a última delas non vai seguida de punto final.

Dado que son os redactores-autoras quen van levar os laureis e a gloria, en teoría son eles os que deben buscar os equivalentes noutras linguas. Con todo, no proceso de revisión e documentación, os revisores moitas veces podemos atopar estes datos en fontes medianamente autorizadas (v. abaixo en Recursos), polo que non nos custa nada engadilos. Con todo, non todos estamos capacitados para facer esas buscas expresamente coa calidade que nos gustaría nin dun xeito uniforme para todas as linguas. Será xa que logo facultativo para o revisor segundo a súa discreción e discernimento.

Para o problema das formas galegas-inglesas (nas que o acrónimo que se usa en galego é o procedente dunha forma plena inglesa), o tratamento por defecto que se lle fará para o lugar onde vai cada información será o seguinte:

Termo *:"
Meridian Lossless Packing
Abreviatura*:"
MLP
Traducións *:"
Meridian Lossless Packing; MLP

Este problema pode aparecer en varios tipos de casos. Os casos para os que se confirma que se aplica este criterio están exemplificados cos seguintes termos:

  • LED (sen facer)
  • USB
  • PLD
  • ASTRA > Astra (o satélite) | Société Européenne des Satellites Astra (a empresa)
  • AGA > Asociación Galega de Acústica (v. apartado sobre URL)

Algunhas siglas teñen un problema etimolóxico: responden a dúas formas plenas. De momento aínda non sabemos como facer con elas, como combinar a directriz dada por Manolo de introducir formas plenas en "Termo *:" fronte a dúas formas posibles e igual de lexítimas.


Outros casos (os menos) considéranse xa integrados plenamente no galego ou calcados innecesariamente doutras linguas (en moitos máis casos dos que comunmente se admite), polo que neles se aplica outra filosofía porque os datos van noutros apartados:

Termo *:"
disco compacto
Abreviatura*:"
CD
Traducións *:"
compact disc; CD

Exemplo disto son tamén:

  • CD > compact disc
  • SPL > nivel de presión sonora
  • Hispasat? Meteosat? (cando saian)
  • DAT > casete dixital (e en xeral para calquera proposta neolóxica que saia de Termigal)
  • MLS > secuencias de lonxitude máxima (aínda non modificado)

Variantes segundo o país (ou territorio)

aaqqissoruk

No caso das formas con variacións territoriais ou diatópicas, marcaranse coa abreviación en:ISO 3166-1 en maiúscula correspondente entre parénteses normais (curvas). Uns exemplos son condutividade, dieléctrico ou hosting, onde se especifica se a variante portuguesa é europea ou brasileira. As abreviacións que usaremos son:

  • EN: GB, US
  • PT: BR, PT
  • FR: BE, CA, FR, CH
  • ES: AM, AR, ES, MX
  • DE: AU, DE, CH

Para outros casos, consúltese para homoxeneizar abreviacións.

Traducións e categoría gramatical

aaqqissoruk
  • os verbos noutras linguas non levan marca de verbo ou infinitivo: en inglés non precisan o "to" do infinitivo (compilar) e en galego non precisan o "se" da conxugación pronominal (pois xa isto xa vai marcado na CATEGORÍA GRAMATICAL)
  • igual que arriba, as formas enúncianse en minúscula (excepto substantivos en alemán e nomes propios), masculino (cando teña variación co xénero gramatical) e singular (a non ser que non existan así con ese significado)

AXUSTES DE RUTA URL

aaqqissoruk

Non é recomendable meter datos nin enderezos web. Logo non se pode acceder á ficha (v. por exemplo "Asociación Galega de Acústica")

OUTROS CAMPOS

aaqqissoruk
  • "termo completo" é para que os autores-redactoras especifiquen que xa remataron
  • "revisado pola RAG" é cando xa pasou por todos os revisores de Termigal
  • "validado" significa que xa pasou polo Académico
  • o campo de "Traducións:" vaise abandonar, polo que hai que escribilas no campo correspondente da pestana "Traducions" (nótese o acento e os dous puntos): lembra que con este cambio, as formas dunha lingua van no oco da lingua correspondente.

CONVENCIÓNS XERAIS PARA A REDACCIÓN

aaqqissoruk
  • as formas preferentes e definicións irán con AO, DESDE, -BLE e -ARÍA; os sinónimos con Ó, DENDE, -BEL e -ERÍA
  • as formas con prefixos que sofren síncope ocasional manteñen a forma plena sempre que o VOLG non diga o contrario (p.ex.: audio monoaural; binaural non ofrece problemas; xeoestacionaria)
  • tamén preferimos LINEAL antes que LINEAR (coeficiente de correlación)
  • como sinónimo de CABLE tamén se admite CABO (aínda que non se lle respondeu ao Seminario de Lexicografía a solicitude de incorporalo ao futuro DRAG); CABLAXE admítese como tradución para o ES CABLEADO (pero non CABAXE).
  • queda por saber o valor gramatical que Manolo lle vai dar a multimedia; adx.? xustaposición? Cando o saibamos, farémosvolo saber...
  • optamos por non utilizar a expresión "e/ou": no seu lugar, ben abonda con poñer "ou"
  • en galego existen tanto NÓ coma NODO: mentres que o primeiro ten o seu uso para os lugares onde se atan cordas ou para puntos en redes, o segundo úsase no resto dos casos (astronomía, medicina, ondas, etc.) Se non o tes claro, pregunta: non pretendas facer equivaler ES "nudo" = GL "nó" e ES "nodo"/"nódulo" = GL "nodo".
  • en galego, para as unidades que miden a relación de variación (perda ou ganancia) en escala logarítmica temos as seguintes formas:
    • en base 10: decibel (preferente) e decibelio (tolerada)
    • en base e: néper (& [1]) (acentuación grave)
  • aínda que existe unha crecente tendencia a omitir a coma antes de "etc." (argumentando que, xa que procede de "et caetera", non procede poñer unha coma ante a conxunción "et"), nós aínda usamos o sistema tradiciónal (en realidade é unha locución adverbial -aínda que o VOLG poña preposicional- e, mesmo se non fose así, agora escríbese todo xunto, polo que xa non procede remontarse á etimoloxía).

  • nos campos obrigatorios sen dato escríbese "n/a" ou "N/A" (non aplicable)
  • as formas van en minúscula, masculino e singular (a non ser que non existan así con ese significado), tanto en título, sinónimos, ver tamén ou traducións
  • cando un campo teña varias formas (traducións, ver tamén ou sinónimos) separaránse con ";"

Hai certas partículas en apelidos que funcionan como os que en galego ou portugués comezan por "de", contraído ou non ("do Castro", "da Silva", "do Río", "do Rei"; salvo os amalgamados: "Dorrío", "Dorrio", "Davila", "Dávila", "Dorrei", "Dorrego", "Andrés do Barro"):

  • ES: de (de Dios), de la (de la Quadra Salcedo), del (Jiménez del Oso, del Riego)
  • EN: of
  • NL: van (van Allen, van Leuwen)
  • DE: von (von Bismark)

O seu comportamento é o seguinte:

  • no caso de que vaian illados (por exemplo, enunciado illadamente como termo), ao comezo de liña ou precedidos do nome propio, van en minúscula;
  • no caso de que vaian tras un punto ou no medio dun contexto distinto dos anteriores, van en maiúscula;

Neste grupo non se inclúen os célticos Mc-, Mac- (escoceses), O'- & Ni'- (irlandeses)

Traballar con números e unidades físicas

aaqqissoruk

O seguinte non é só unha especificación do SI, é mesmo un Real Decreto (1317/1989, modificado polo 1737/1997):

  • (3.1.3.) os números maiores de mil non levan punto nin espazo para separar as cifras en grupos (é 1000000 e non 1 000 000 nin 1.000.000)
  • (3.1.1.) as unidades do SI non levan punto e sepáranse cun espazo do número anterior (4 kg; 8 m)
  • (2.3. & 3.1.1.) estas abreviaturas, que en realidade son símbolos porque non teñen punto, nunca levan "-s" de plural como en 5 m ou 2 hm³.
  • (3.2.) os prefixos do SI sempre van coa mesma capitalización (sexa maiúscula ou minúscula) e non afecta á da unidade que segue (kHz)
  • nas definicións dunha magnitude, as especificacións das unidades fundamentais que a compoñen van:
    1. ou con símbolos (esta é a forma máis recomendable)
    2. ou expresadas con palabras (forma non recomendable porque usa palabras léxicas con operadores matemáticos, algo que é insólito en física)
    3. ou con oracións (forma non recomendable porque non é clara e pode dar lugar a ambigüidades e confusións)
Por exemplo:
  • "o caudal especifícase en m³/s, a densidade en kg/m³ ou kg/l (ou kg/L)" (nótese a ausencia de puntos; o litro ten dous símbolos autorizados)
  • "o caudal especifícase en metro cúbico/segundo, a densidade en quilogramo/metro cúbico ou quilogramo/litro" (nótese o singular en todas as formas e que kg vai desenvolto como quilogramo por ser forma escrita plena; isto vale tamén para Mbit/s ou kbps)
  • "o caudal especifícase en metros cúbicos por segundo / partido segundo / entre segundo e a densidade en quilo(gramo)s por metro cúbico ou (por) litro" (nótense as diferentes formas de expresar a división; nótese que o plural no numerador da división e o singular no denominador quedarían representados por un singular en calquera caso) (sempre vai en singular, mesmo cando as unidades son abrumadoramente plural -Mbps; Mb/s-, ou siglas -"houbo unha subida de tensión se escarallounos varios PC que tiña no traballo"-)
  • é interesante lembrar que o símbolo dos quilómetros é "km" (nótese a minúscula e a ausencia de punto), igual que no resto das linguas, pois é un símbolo do Sistema Internacional de unidades
  • tamén é preciso lembrar que as cifras sepáranse cun espazo das súas unidades: 30 Hz e non *30Hz, 2 km e non 2km; unha excepción especial é a porcentaxe (%), que nós xuntaremos: dado que non é unha unidade non hai necesidade de separala, aínda que haxa xente que o fai (queda por revisar)

Esta mesma lei obriga a algo de sentido común: o separador decimal é a coma, non o punto:

  • "3.1.3. En los números, la coma se utiliza solamente para separar la parte entera de la parte decimal. Para facilitar la lectura, los números pueden estar divididos en grupos de tres cifras (a partir de la coma, si hay alguna); estos grupos no se separán jamás por puntos ni por comas. La separación en grupos no se utiliza para los números de cuatro cifras que designan un año."

Convencións para fórmulas

aaqqissoruk
  • cando un texto (definición ou info.compl.) remata cunha fórmula, non se lle pon punto ortográfico final
  • con todo, podería poñerse se a ecuación remata nun número enteiro
  • pero ben é certo que os números e outras constantes adoitan poñerse de primeiro nas multiplicacións (non tanto nas sumas)
Polo tanto, o mellor é:
  • ou non poñer punto nunca detrás dunha fórmula matemática a final de liña,
  • ou poñer a fórmula no medio do texto
  • ou poñela á parte en liña independente.

Por outra banda, as fórmulas poden escribirse cos seus elementos xuntos ou separados por espazos. Aínda que non hai ningunha norma, conveniamos en separar os elementos con espazos (polo menos o igual cando o haxa) para mellorar a visualización e lectura da fórmula ("R1 = R2 + R3" queda máis lexible que "R1=R2+R3").

REDACTAR UNHA DEFINICIÓN

aaqqissoruk

Unha definición non se pode facer de calquera xeito, pero construír unha aceptable tampouco é tan complicado. Algunhas veces pódense copiar doutras fontes, pero moitas veces estanse infrinxindo os dereitos do seu autor. Isto tamén pasa cando se traduce. Con todo, pódense facer algúns cambios para disfrazar a súa orixe. Peneirando co noso coñecemento coma especialistas, a Wikipedia pode ser un punto de partida, pero non é a Biblia.

Poremos aqui algúnhas normas e consellos básicos para que o noso traballo sexa o máis rendible posible:

  • Os termos que se definen comezan con minúscula, salvo nomes propios, pero as definicións comezan sempre por maiúscula.
  • Evita meter información que non pertence á definición e que non inclúe máis que datos coloquiais, do estilo "como o seu propio nome indica", "Dise de", "Termo que se usa para referirse a", etc.
  • As definicións constan dunha soa oración, é dicir, non hai puntos no seu interior. Como moito pode aparecer un punto e coma ou uns dous puntos ante enumeracións.
    • antena: Sistema que recibe radiación electromagnética. Este sistema está conectado a unha rede que procesa a radiación. (FATAL)
    • antena: Sistema que recibe radiación electromagnética que será logo procesada por unha rede.
  • Polo tanto, como moito só pode aparecer un verbo conxugado principal:
    • GLONASS: Rede soviética de satélites de xeolocalización. Foi asumida por Rusia. (MAL)
    • GLONASS: Rede soviética de satélites de xeolocalización, asumida posteriormente por Rusia. (Sobre topónimos -Rusia ou Federación Rusa ou Federación rusa- aínda está en debate)
  • Non deben darse datos que son variables: se metes todas as alternativas posibles (A ou B ou C, sen existir outra cuarta opción; ou do estilo que pode ser automático ou non), non forneces información útil:
    • computadora: Máquina especializada na realización de cálculos e en almacena información. Vén predeterminada de fábrica ou pode construírse por pezas na tenda coma se fose un clónico. Pode ser de mesa ou portátil. (ESTES DATOS NON DIn NADA APROVEITABLE; IRÍA EN "INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA")
    • computadora: Máquina especializada na realización de cálculos e almacenar información. (O RESTO DA INFORMACIÓN POSTA ARRIBA É IRRELEVANTE, É COMA DAR A COR DO PC OU O TAMAÑO DO MONITOR; CON TODO PRECISA CONCRETARSE MÁIS PARA NON QUE NON ESTEA INCLUÍNDO TAMÉN calculadora NA DEFINICIÓN)
  • Deben poder substituír á palabra definida en calquera circunstancia, é dicir, deben ter unha categoría gramatical análoga á da palabra definida. Polo tanto, se definimos un verbo, o núcleo (normalmente a primeira palabra) será un verbo; se definimos un adxectivo, será un adxectivo ou locución adxectiva:
    • UNIX: Para loitar contra o monopolio de MS, uns amigos sacaron un sistema operativo que era máis rápido, máis seguro e máis mellor. (FATAL)
    • UNIX: Sistema operativo creado para competir con MS, que pretende melloralo en seguridade e rapidez.
Se eu digo "Merquei un PC e instaleille (un) UNIX", podo coller a segunda definición e substituíla en "UNIX"; coa primeira non pode facerse.
  • Evita alusións en segunda persoa e comentarios persoais:
    • SVG: Formato co que gardamos información de arquivos gráficos en modo vectorial, que mola máis pero que costa un ril facelos ben. (FATAL)
    • SVG: Formato no que se garda información de arquivos gráficos en modo vectorial, que non perde a súa calidade a grandes resolucións.
  • Evita usar abreviacións na definición: antes facíase para aforrar páxinas nas edicións en papel. Aquí non temos problemas de espazo. Evita tamén na medida do posible centrarte en marcas comerciais determinadas:
    • PHP: SL para conectar unha DB mediante MySQL que se lle envía a través de TCP/IP ao UI. (MAL)
    • PHP: Linguaxe de programación que relaciona unha base de datos co formato SQL con conexións a Internet.
  • Evita dar datos que se saian do concepto da palabra que defines, pois non facemos enciclopedias:
    • Acústica: Ciencia que estuda as ondas, integrada na Física, que en Galicia está representada institucionalmente pola AGA, que estuda as liñas de Fraunhofer, os diagramas de antena, a luz visible, os raios X, os raios gamma, a radiación infravermella ou a ultravioleta, etc. (MAL)
    • Acústica: Parte da Física que estuda as ondas, o seu comportamento, creación e modelización e que estende o seu campo de estudo ao das radiacións de distintas modalidades (ou clasificacións; ou frecuencias).
  • Moitas veces téndese moito a definir todo con substantivos e palabras longas e rimbombantes. Isto é innecesario e en ocasións contraproducente para a sonoridade e mesmo a comprensión da definición. Evita tamén se podes a repetición sistemática de terminacións iguais:
    • Intelixencia artificial: Sistema de procesamento da información que implica a concepción do cerebro (ou "concepciona o cerebro") coma unha rede neuronal cunha estrutura compatibilizable e adaptable ao contorno e que permita a concentración da información coma un conxunto relacional. (É MÁIS DIFÍCIL DE ENTENDER QUE:)
    • Intelixencia artificial: Sistema de procesamento da información que concibe o cerebro coma unha rede neuronal compatible e adaptada ao contorno e que permita concentrar a información coma un conxunto relacional.
  • Cando definas un termo de procedencia inglesa ou traduzas un texto doutra lingua, non te apegues á súa literalidade. Ti es o especialista e sabes o que debería dicir. Dos erros gramaticais xa se encargan os revisores, pero polo menos escribe algo que teña sentido. NON USES UN TRADUTOR AUTOMÁTICO E TE QUEDES TAN ANCHO CO PRIMEIRO QUE SAE:
    • Divisor de frecuencia: Dispositivo que produce pola súa saída unha frecuencia menor que entrada. Eles adoitan estar formados por contadores dixitais. Relacións de frecuencia poden ser obtidas non enteiras utilizando variables contadores de módulo, por instancia, se a cada impulso de saída se cambia o contador-módulo entre 2 e 3, é obtida unha relación de frecuencias 5:2" (FATAL)
    • Divisor de frecuencia: Dispositivo que produce unha frecuencia menor que a de entrada, normalmente formado por contadores dixitales, e que obtén relacións de frecuencia non enteiras utilizando contadores de módulo variable. > INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA: "Por exemplo, se a cada pulso de saída se lle cambia o módulo do contador entre 2 e 3, obtense unha relación de frecuencias de 5:2."

CODIFICACIÓN, TRUCOS e PROBLEMAS COA ESCRITA

aaqqissoruk
  • os caracteres ASCII básicos (que se poidan escribir cun teclado normal) codificados escribiranse coa súa forma (non é "   "   ", senón "   '   "; non é "   &   ", senón "   &   "); en caso de dúbida, pregunta
  • cando se escriben etiquetas HTML (por exemplo, se escribes <header>guacamole</header>) no campo DEFINICIÓN, non aparecen; para que saian, substitúe o "   <   " por "   &lt;   ", tal e como se indica en http://www.digatic.info/gl/filter/tips: polo tanto, escribirías:
&lt;    header>guacamole     &lt;     /header>
(os espazos son para que o vexas ben)
  • o apóstrofo é &#039;
  • para escribir os números 2 e 3 como superíndices para os expoñentes de cadrados e cubos, úsese ² e ³ (copiar e pegar de aquí). Para números maiores, consúltese para atopar a solución entre todos
  • para as divisións, existen as seguintes:
con código U00BC; e seguintes:
  • ¼ (un cuarto)
  • ½ (un medio; metade)
  • ¾ (tres cuartos)
con código U2153; e seguintes:
  • ⅓ (un tercio)
  • ⅔ (dous tercios)
  • ⅛ (un oitavo)
  • ⅜ (tres oitavos)
  • ⅝ (cinco oitavos)
  • ⅞ (sete oitavos)
estes caracteres deben escribirse só en fórmulas e se aparecen, sobre todo ½ e ⅓; para o texto corrido úsese mellor a expresión escrita
  • outros signos matemáticos especiais: ± (máis ou menos); (aproximadamente igual a)
  • normalmente as letras gregas xa aparecen correctamente, pero por se acaso: Α Β Γ Δ Ε Ζ Η Θ Ι Κ Λ Μ Ν Ξ Ο Π Ρ Σ Τ Υ Φ Χ Ψ Ω - α β γ δ ε ζ η θ ι κ λ μ ν ξ ο π ρ ς σ τ υ φ χ ψ ω
  • para o símbolo de dereitos de autor ("copyright"): ®
  • para o de marca rexistrada ("trade mark"): usar "(TM)"

PROCESO DE REVISIÓN

aaqqissoruk

Existen tres campos que permiten seguir o proceso de revisión e que se marcarían en fases sucesivas da evolución dos termos:

  • Termo completo: cando o redactor (ou autor) inicial do termo pensa que xa meteu todos os datos que considera necesarios e que xa non pode mellorar nada máis (excepto traducións)
  • Revisado pola RAG: cando un revisor da RAG pasou por un termo completo e confirmou a súa corrección ortográfica, lingüística e terminolóxica. Na busca dunha forma correcta no galego para expresar un concepto técnico (que moitas veces en inglés), os revisores normalmente póñense en contacto co redactor para tentar chegar a un consenso ou pedirlle opinión ou consultarlle sobre os usos reais ou comprensibilidade das propostas que se fagan. O revisor marcará quen é no campo correspondente.
  • Validado (finiquitado): É aquí onde os académicos da RAG confirman que un concepto determinado se plasmará cunha forma escrita determinada.

Estes procesos son consecutivos, aínda que na páxina aparezan desordenados...

CATEGORÍAS GRAMATICAIS

aaqqissoruk
  • abrev. _ abreviación, abreviatura, acrónimo, sigla (PVC)
  • adx. _ adxectivo (bonito/a)
  • adx.f. _ adxectivo usado coma substantivo cando é feminino (vista, hamburguesa)
  • adx.f./m. _ adxectivo usado coma substantivo masculino e feminino
  • adx.m. _ adxectivo usado coma substantivo cando é masculino (catadióptrico, pluscuamperfecto)
  • antropónimo _ nome propio de persoa
  • institución _ nome propio de asociacións, empresas, organizacións e sociedades
  • loc.adv. _ locución adverbial (a tempo)
  • loc.adx. _ locución adxectiva (de lunares)
  • loc.s. _ locución substantiva que permite flexión de xénero (ex.: enxeñeiro/a técnico/a)
  • loc.s.f. _ locución substantiva feminina (axencia de seguros)
  • loc.s.f.pl. _ locución substantiva feminina que non admite singular (páxinas amarelas)
  • loc.s.f.sg. _ locución substantiva feminina que non admite plural
  • loc.s.m. _ locución substantiva masculina (caracol de mar)
  • loc.s.m.pl. _ locución substantiva masculina que non admite singular (dereitos de autor, carton blanchi)
  • loc.s.m.sg. _ locución substantiva masculina que non admite plural
  • loc.s.pl. _ locución substantiva plural, igual para masculino e feminino (relacións públicas)
  • loc.v. _ locución verbal (levar a cabo)
  • marca comercial _ nome propio
  • nome propio _ outros nomes propios que non sexan nin antropónimos nin institucións
  • outra _ cando non cabe noutras categorías: inclúe tamén o que falta por revisar
  • prefixo _ prefixo (aero-) LEVA GUIÓN
  • s. _ substantivo que permite flexión de xénero (ex.: administrativo/administrativa)
  • s.f. _ substantivo feminino (perola)
  • s.f.pl. _ substantivo feminino que non admite singular (tenazas/gafas)
  • s.f.sg. _ substantivo feminino que non admite plural (leña)
  • s.m. _ substantivo masculino (pote)
  • s.m.pl. _ substantivo masculino que non admite singular (anteollos)
  • s.m.sg. _ substantivo masculino que non admite plural
  • s.pl. _ substantivo que non admite singular e que ten a mesma forma para o masculino e para o feminino (mares interiores)
  • símbolo _ unidade de medida, do sistema internacional ou non (kg: sen punto nin plural)
  • sufixo _ sufixo (-iño)
  • v. _ verbo, simplemente (play), xa se subclasificarán

CONSULTAS DE REVISIÓN

aaqqissoruk

REDACTORES

aaqqissoruk